Entroido 2022OurenseÚltima horaVídeos

EiroasFest para escoller á noiva da “Voda da Pita 2022”

 

 

Con moitas ganas e cargadiño de humor e parodia chega o Entroido 2022 ao barrio ourensán das Eiroás, cuxo acto central será a “Voda da Pita” no Martes de Entroido. Os preparativos de cara a este singular enlace xa está en marcha. De feito o Entroido das Eiroás busca noiva a través dunha singular convocatoria, ao estilo “eurovisivo” lanzada nas redes sociais do seguinte xeito:

“Queres ser noiva no Entroido das Eiroás? Publica nas túas redes os teus motivos para ser a noiva da Voda co cancelo #QueroSerNoivaNaVodaDaPita. E faino antes do 18 de febreiro. Ti decides a voda que ti queres. Nas EiroasFest”.

Artigos relacionados

Back to top button