CulturaCulturaÚltima hora

“El Desconocido”, do monfortino Dani de la Torre, no Festival de Venecia

O filme, que se proxectaba o 2 de setembro, tiña unha moi boa acollida neste prestixioso certame internacional
O director Dani de la Torre, con membros do equipo da película no Festival de Venecia.
O director Dani de la Torre, con membros do equipo da película no Festival de Venecia.

A súa estrea está prevista para o vindeiro 25 de setembro, pero “El desconocido”, primeira película do director monfortino Dani de la Torre, xa está pasando por festivais internacionais. Era seleccionada para abrir o 2 de setembro a sección Venice Days-Giornate degli Autori do Festival Internacional de Venecia, onde se desprazaba o seu director e actores como Luis Tosar, o protagonista, e Goya Toledo.

Ademais este thriller trepidante foi escollido para participar no vindeiro Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

Dani de la Torre e a actriz Goya Toledo en Venecia.
Dani de la Torre e a actriz Goya Toledo en Venecia.

Fotos cedidas por Dani de la Torre.

Artigos relacionados

Back to top button