ConcellosÚltima hora

“El Langui” vén ao Carballiño para falar sobre o acoso escolar

Ao acabar o seu relatorio, o 26 de maio, interpretará o seu tema “Se buscan valientes”
Diego Fernández e Marina Ortega.

O popular músico e actor Juan Manuel Montilla “El Langui”, estará o venres, 26 de maio ás 20:00 horas, no auditorio do Carballiño para participar nun relatorio sobre bullyng. O evento foi presentado hoxe, 19 de maio, pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, organizadores deste evento.

Trátase dun acto aberto á mocidade, a estudantes, profesores, pais, nais e a todas as persoas que queiran coñecer a experiencia e os consellos deste polifacético personaxe mediático que padeceu en carne propia as consecuencias do bullyng.

Marina Ortega dixo que este relatorio, a diferencia doutras anteriores, íase centrar “nos actores secundarios do bullyng”, é dicir, no entorno, nas persoas non directamente implicadas nos caso de acoso escolar pero que poden xogar un papel importante. E de aí o título da canción de El Langui, “Se buscan valientes”, que é tamén o eslogan do relatorio, no que levanta a súa voz contra o “bullying”, ou acoso escolar,  cun rap no que insta ao entorno de acosados e acosadores a impedir este tipo de violencia. Precisamente, ao remate do relatorio, El Langui interpretará a súa composición.

Marina Ortega cre que a experiencia de El Langui “pode ser de gran axuda para previr situacións de acoso escolar ou aportar solucións no caso de que se teñan producido”. E non só nos centros educativos, asegura, senón a través das redes sociais. A concelleira asegurou que se trata de “introducir métodos avanzados e contrastados nos paìses nórdicos”.

Pola súa parte, Diego Fernández sinalou que, ao tratarse dun personaxe cunha gran trascendencia mediática, “contribuirá a que acuda moita xente ao auditorio, e polo tanto será un factor moi positivo para eliminar o acoso escolar ou de calquera outro tipo”.

Neste sentido, tanto Fernández como Ortega, consideran que o evento será de gran interese para O Carballiño e a comarca, e non só no ámbito educativo e escolar, senón en moitos vencellados coas relacións sociais.

 

“El Langui ten parálise cerebral, un trastorno causado por la falta de oxígeno durante o parto. Un dos seus logros máis importantes é o seu videoclip  “se buscan valientes”.

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button