CulturaCulturaÚltima hora

“El Último Ke Zierre” será cabeza de cartel na Romaría do Arenteiro do Carballiño

As entradas vanse pór á venda a finais do mes de xaneiro e celebrarase o 29 de maio no espazo das Barcias, no Paseo do Arenteiro
O grupo “El Último Ke Cierre”.

A banda de Castellón “El Último Ke Zierre” será cabeza de cartel na primeira edición da romería Rock do Arenteiro, que se celebrará o 29 de maio no espazo de As Barcias, no Paseo do Arenteiro ao fondo do parque municipal. Media ducia de grupos e artistas nacionais, galegos e locais participarán neste evento que foi presentado hoxe, 16 de xaneiro, polo representante da compañía Telecaster Events Diego Fernández, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Será a primeira romería de Galicia que aúne rock e gastronomía, e que estará dedicada a unha figura lexendaria da música pop-rock. Precisamente, a compañía organizadora mantén aberta a participación para tomar unha decisión sobre esta figura homenaxeada: Freddy Mercury, Jimi Hendrix, Janis Joplin ou quen sexa.

Tanto o concelleiro como o promotor aseguraron que se trata “dunha iniciativa destinada non só á xuventude senón tamén ás familias, polo que se porán á venda uns bonos familiares”. As entradas poderanse adquirir a finais deste mes de xaneiro ou en febreiro, con bonos ao prezo de 10 euros máis gastos. Posteriormente, en canto se vaian anunciando o resto das bandas e outro tipo de actividades, o prezo irase incrementando. Serán, según dixeron, unhas entradas moi asequibles, con limitación do aforo, “de maneira que non haxa unha aglomeración excesiva”. Segundo o promotor, “trátase de que a xente estea cómoda”. No recinto de As Barcias, ademáis do escenario, haberá food tracks, postos de pulpo e bar, onde poder comer.

Diego Fernández agradeu a iniciativa do promotor, que é natural da parroquia carballiñesa do Porto de Eguas e foi director do Festival Son Rías, “por traela ao Carballiño e poñer á vila no mapa dos principais festivais de rock de Galicia”.

Esta banda virá grazas a un convenio asinado hoxe polo Concello do Carballiño e a produtora Telecaster Events.

Con respecto ao lugar da celebración, que será vallado pola organización do festival e que asumirá tanto a seguridade como a limpeza, resataron que “é unha zona cun bo acceso e aparcamento, e que non vai supoñer ningún tipo de dano medioambiental no parque. Máis ben ao contrario, quérese poñelo en valor como un dos maiores parques urbanos de Galicia”, según dixeron.

EL ÚLTIMO KE ZIERRE

El Último ke Zierre (abreviado EUKZ) é un grupo de punk rock español que se formou a finais 1987 en Burriana (Provincia de Castellón, Comunidade Valenciana). O pasado 1 de decembro sacaron ao mercado o seu último disco, titulado “El Mutante del Barrio Chino”, que presentarán neste concertó da Romería Rock do Arenteiro.

Artigos relacionados

Back to top button