CulturaCulturaEducaciónOurenseÚltima hora

Elaborando xabón con Cruz Vermella Xuventude

O CEIP Luis Vives de Ourense participou nun obradoiro de xabóns con aceite
Un dos momentos do obradoiro.
Un dos momentos do obradoiro.

Voluntarios de Cruz Vermella Xuventude, desenvolveron na mañá do 18 de xuño un obradoiro de xabóns con aceite no CEIP Luis Vives de Ourense.

A actividade está enmarcada dentro da Semana Cultural do centro, e a través dela Cruz Vermella pretende “fomentar o respecto polo medio ambiente e a reutilización de materiais, neste caso o reciclado de aceite para a elaboración de xabón” explican dende a organización.

No patio do colexio xuntáronse máis de 200 alumnos de 3º a 6º de primaria, que participaron “poñendo moita atención en cada un dos pasos a realizar para conseguir un perfecto resultado” tal como apuntan dende Cruz Vermella, engadindo que ao longo de todo o curso, “realizamos neste en e noutros centros educativos da provincia charlas sobre educación para a saúde e prevención en condutasviolentas, nos que participaron máis de 1.700 mozos de entre 14 e 20 años”.

Os rapaces, durante unha das actividades.
Os rapaces, durante unha das actividades.

Fotos: cedidas pola Cruz Vermella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button