Publicidade
ConcellosO BarcoÚltima hora

Eladio Santos: “Temos ideas, pero queremos, primeiro de todo, escoitar”

O profesor barquense prometeu o seu cargo de concelleiro de Comercio e Turismo no pleno municipal deste xoves, 2 de xullo

Eladio Santos Martínez, profesor e vicedirector do Instituto IES Lauro Olmo, prometeu o seu cargo como concelleiro de Comercio, Turismo, Promoción Económica e Consumo do Barco no pleno municipal deste xoves, 2 de xullo. Tras a toma de posesión, o alcalde, Alfredo García, fíxolle entrega da medalla co escudo da vila.

Según indicou o xa concelleiro en declaracións posteriores, o seu traballo no municipio continuará os pasos dados pola anterior edil, Irene Dacal, que renunciou ao cargo o pasado 4 de xuño por motivos persoais. No que respecta á área de comercio, Santos afirmou que se centrará en dous aspectos clave: aproveitar as posibilidades de venda e compra que ofrecen as novas tecnoloxías e continuar co comercio na rúa como elemento dinamizador da vila, mantendo sempre os protocolos de seguridade e as medidas sanitarias pertinentes contra a COVID-19. A concellería buscará conservar e afianzar as relacións co sector: “Temos ideas, pero queremos, primeiro de todo, escoitar”. Neste sentido, indicou que se xuntarán nos próximos días para tomar “algunha medida antes de que acabe o mes de xullo”.

 

Eladio Santos en declaracións posteriores á toma de posesión. / Foto: A.R.

 

No tocante ao sector turístico, Eladio Santos considerou fundamental “poñer en valor o que hai”. Así mesmo, destacou que o turismo de enoloxía, e de patrimonio cultural e natural son claves para o municipio e a comarca, salientando especialmente o potencial que poidese ter o Camiño de Inverno así como as recomendacións recollidas no estudo “Oportunidades de Desenvolvemento Turístico Para O Barco de Valdeorras” do Eixo Atlántico. Preguntado pola futura Oficina de Turismo, Santos comentou que a considera unha prioridade mais de momento non existe unha data de apertura.

Máis información:

https://www.osil.info/na-maior-parte-do-casco-urbano-do-barco-a-velocidade-poderia-limitarse-a-30-km-h/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close