ConcellosO BarcoÚltima hora

Eladio Santos tomará posesión como novo concelleiro do Barco esta tarde

A corporación barquense celebrará unha sesión plenaria ordinaria

Eladio Santos tomará posesión como concelleiro no pleno desta tarde no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na sesión plenaria ordinaria que a Corporación barquense celebrará na tarde deste 2 de xullo terá lugar a toma de posesión como do seu cargo novo concelleiro do grupo socialista de Eladio Santos, profesor do IES Lauro Olmo da vila.

O novo edil ocupará o posto de Irene Dacal, que presentaba a súa renuncia por motivos persoais no pleno de xuño. Salvo cambios de última hora, está previsto que Eladio Santos asuma as delegacións que levaba anteriormente Irene Dacal, isto é, Turismo, Comercio, Consumo e Promoción Económica.

 

Artigos relacionados

Back to top button