CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Eladio y los Seres Queridos e Igloo protagonizan a I edición de Entre Salas, no Barco

As bandas viguesas actuaron, na noite do 8 de novembro, no Café Teatro Bajo 5 e na Sala Baranda

 

Dúas salas, dous grupos, dous concertos e unha noite. Son os ingredientes cos que se elaborou a primeira edición de Entre Salas, unha iniciativa novidosa de colaboración musical entre o café teatro Bajo 5 e a sala Baranda, que tiña lugar na noite do venres 8 de novembro no Barco de Valdeorras.

Os grupos protagonistas desta primeira experiencia foron Eladio y los Seres Queridos e Igloo, dúas bandas de Vigo que en solitario e tamén de forma conxunta, actuaron para o público valdeorrés. Ámbalas dúas bandas teñen tocado xa previamente no Barco pero era a primeira vez que o facían neste formato. Primeiro, en torno ás 23h. despois de cear, Igloo subíase ao escenario do Bajo 5 para interpretar algúns dos seus temas máis coñecidos, contando coa colaboración musical de Eladio e a súa formación. A seguinte cita, tiña lugar xa de madrugada na mítica sala de concertos Baranda.

 

Un momento da actuación de Igloo no café teatro Bajo 5.

 

Ahí era a banda de Eladio a protagonista do concerto co que despedían unha etapa de tres discos (Cantares, Historias de Caza e 15 años de canciones). “Haberá cambios substanciais e novo disco nuns meses”, di Eladio, adiantando que malia estar sen decidir o formato, teñen claro que será diferente ao habitual. “Imos arriscar un poco, improvisar e deixar voar as cancións”, asegura. No Barco presentaron un avance dese novo traballo saitá a comezos de decembro, contando no escenario coa colaboración de Igloo.

 

Eladio y los Seres Queridos na sala Baranda. 

 

As primeiras imaxes da galería corresponden ao concerto no café teatro Bajo 5 e as cinco últimas ao Baranda.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button