CulturaMúsicaÚltima hora

Eladio y los Seres Queridos, o venres 23 de outubro no Barco

A banda de indie-pop tocará na sala Baranda dentro da xira “Orden Invisible”
Cartaz do concerto de Eladio y los Seres Queridos no Baranda.
Cartaz do concerto de Eladio y los Seres Queridos no Baranda.

Despois de percorrer algúns dos principais festivais do país como Low, Sonorama, Ebrovisión o Festival de la Luz, e de actuar en escenarios de Santiago de Compostela, Cáceres ou León, entre outros moitos, Eladio y los Seres Queridos traerán ata O Barco de Valdeorras o seu “Orden Invisible, o terceiro disco dunha banda que atopou a madurez e un son propio a base de presentar o seu proxecto unha e outra vez sobre os escenarios.

Mañá, venres 23 de outubro, os seus membros subiranse ao da Sala Baranda no Barco de Valdeorras, cuxas portas abrirán a partires das 23:30h.

O prezo das entradas é de 5 euros venda anticipada en Ton Y Son e de 7 euros en taquilla.

Artigos relacionados

Back to top button