OurenseÚltima hora

Elcercano.com presenta “Sin motivo aparente”

A preestrea da curta, dirixida por Óscar Doviso, será mañá 27 de novembro en Ourense
Cartaz da curta "Sin motivo aparente".
Cartaz da curta “Sin motivo aparente”.

“Nunha céntrica cafetería sucédense diferentes conversacións, entre elas, a de Nuria e Dani, unha xove parella que malia levar pouco tempo saíndo, quérense dende sempre. Dar ese paso cambiará as súas vidas para sempre…” Este é o argumento da curtametraxe “Sin motivo aparente”, escrita, dirixida e producida por Óscar Doviso e rodada en Elcercano, Ourense.

Precisamente en Elcercano, terá lugar mañá xoves 27 de novembro a preestrea ás 19:30h. (primeiro pase) e 20:15h. (segundo pase), á que asistirán os componentes do equipo técnico e artístico, encabezados polo propio Doviso.

Guillermo Carbajo e Antea Rodríguez encabezan o reparto que conta asemade con Alberto Medeiros, Óscar Doviso, Marta Bergantiño ou Patxi Bisquert.

Artigos relacionados

Back to top button