DeportesEn portadaÚltima hora

Elevado número de inscritos no IX Cross da Rúa

Espérase a presenza de 34 clubs e duns 300 atletas nas probas de adultos desta cita, prevista para a mañá do 15 de xaneiro no Aguillón

 

Un dos momentos da pasada edición desta proba na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Será unha competición moi concurrida. Uns 300 atletas de 34 clubs diferentes están inscritos para participar na carreira de adultos da novena edición do Cross da Rúa, previsto para o mediodía do 15 de xaneiro no Aguillón.  Será asemade a terceira cita do campionato galego de campo a través de veteranos, do Campionato provincial federado de campo a través-XXXIV Copa Deputación e do IX Cross de Reis Concello da Rúa-final comarcal escolar.

Ademais espérase unha ampla participación nas categorías base. Serán precisamente as probas dos atletas máis xoves as que encetarán o programa deste evento deportivo a partires das 10:45h. Esta competición será organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) en colaboración co Club Adas e co Concello da Rúa.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button