ConcellosO BarcoÚltima hora

Eliminados outros dous niños de velutina no casco urbano do Barco

Os bombeiros do GES Valdeorras eliminaron tamén un niño de vespas

 

Na xornada deste domingo 8 de agosto, un membro dos bombeiros do GES Valdeorras, axudado polos veciños para poñer o traxe, eliminaba ata tres niños de vespas en pleno casco urbano do Barco de Valdeorras, dous deles de velutina.

O niño de vespas común estaba na parte traseira dun edificio no paseo do Malecón; e os de velutina estaban en sendos edificios, na avenida Florencio Delgado Gurriarán e na rúa Juan Giral.

 

Artigos relacionados

Back to top button