CulturaCulturaÚltima hora

“Elle”, do francés Paul Verhoeven, mañá no Cineclube Padre Feijóo

 

Fotograma da película.

O Cineclube Padre Feijóo proxecta mañá, mércores 8 de febreiro, a película “ELLE” do director Paul Verhoeven. Esta cinta foi galardoada co premio “Goya” 2016 á mellor película europea. O filme está baseado na novela “Oh…” do autor francés de orixe armenio Phillip Djian. Unha novela que xa foi adaptada para o cine en anteriores ocasións con “Betty Blue” (1996) e “O amor é un crime perfecto” (2013).

Segundo sinalan dende o Cineclube, Paul Verhoeven “consegue sumar a presenza definitiva de Isabelle Huppert en estado de graza (camiño para un posible Óscar)” nunha historia que o reconecta, afortunadamente, coas súas primeiras películas europeas. Asemade destacan que “Elle” non é unha película sobre desexo, ou as súas complexidades actuais, senón sobre unha fábula retorta na que os seus monstros dinamitan a moral “cun estilo cen por cen Verhoeven”.

A proxección deste filme será na sala a Biblioteca Pública con tres pases (ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas) e o prezo para os socios é de 4 euros e para o público xeral é de 5. A película non está recomendada para menores de 18 anos.

Artigos relacionados

Back to top button