ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Embotellado e catas, no obradoiro de cervexa artesá do Barco

Desenvolvíase os días 7 e 14 de marzo, promovido polo CPT, e contaba cuns 52 alumnos

Despois de coñecer a teoría e a práctica no relativo á elaboración de cervexa artesá, chegaba a última parte do proceso: o embotellado. Tiña lugar na segunda sesión do Curso de Elaboración de Cervexa Artesá, que se impartía o 14 de marzo no IES Martaguisela. Paso a paso, e seguindo as indicacións dos tres monitores, os 52 alumnos deste curso ían introducindo en botellas a cervexa elaborada unha semana antes por eles mesmos. Fixérona por grupos e cada un deles preparou unha variedade diferente: Summer Ale, Black, Harvest Pale Ale e Oktoberfest.
Agora seguirán a súa evolución en botella durante unhas semanas.

Ademais na sesión do 14 de marzo tiñan lugar dúas catas. Unha delas pretendía amosar os defectos que pode presentar unha cervexa co obxectivo de coñecelos, saber cales son as súas causas e tamén cómo evitalos. E, xa como broche do obradoiro, realizábase unha cata de cervexas artesás, tanto nacionais como internacionais, de diferente tipo e que ían acompañadas con pinchos. De seguido, tiña lugar o reparto de diplomas e tamén das botellas de cervexa elaborada.

Este é o segundo obradoiro de elaboración de cervexa artesá que se imparte no Barco e ten sido promovido dende o Centro de Produtos Tradicionais (CPT) e polo Concello do Barco, no marco do proxecto Eixo Interior.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button