OurenseÚltima hora

Emilio Martínez-Lázaro, o Premio Cidade de Ourense no 19 OUFF

O acto de entrega tiña lugar nunha homenaxe celebrada no Teatro Principal da cidade, na que se proxectaba o seu filme “Ocho apellidos vascos”
O alcalde de Ourense, co director galardoado e coa concelleira de Cultura./ Foto: Daniel Gallego.
O alcalde de Ourense, co director galardoado e coa concelleira de Cultura./ Foto: Daniel Gallego.

A súa sinatura está detrás de longametraxes como “Las palabras de Max” (de 1978 e galardoada co Oso de Ouro do Festival de Berlín), “El otro lado de la cama” (2002), “Las 13 rosas” (2007) ou a recente e taquilleira “Ocho apellidos vascos”. O director de cine, productor e guionista madriñeo Emilio Martínez Lázaro recibía na tarde do 18 de novembro o Premio de Cidade de Ourense no Teatro Principal da cidade e no marco do 19 Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF).

Este galardón ten como eixo central “subliñar a traxectoria profesional dun cineasta de recoñecido prestixio. Por méritos propios, este ano, foi outorgado a Emilio Martínez-Lázaro adquirindo unha nova dimensión, porque ademais de ser un director de éxito, conseguiu encher cos seus traballo as salas de cine de medio mundo e sobre todo, nos últimos anos, tamén as españolas”, tal e como se indica dende o OUFF.

Na homenaxe contábase coa presenza de amigos do director, como é o caso do actor Jorge Sanz que dixo del que ”Emilio é unha belísima persoa coa que dá gusto traballar” facendo fincapé en que “é un enorme contador de historias e sempre confía ao cen por centro nos seus actores”. Pedro Olea, Premio Cidade de Ourense do pasado ano, tamén quixo mandar unhas palabras para Martínez-Lázaro a modo de felicitación.

No decurso do acto o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, compartía cos asistentes a súa emoción pola homenaxe, declarando que para el “o día central do festival é hoxe, no que premiamos toda unha vida adicada ao cinema”. Tamén quixo comparar o traballo dos cineastas co dos alquimistas, ao considerar que “ambos mesturades todos os ingredientes e despois nos agasallades cos filmes”. Acto seguido e referíndose á película “Ocho apellidos vascos”, felicitaba ao director por “esta oda ao entendemento entre os pobos”, apostillando que obras así nos fan reflexionar e madurar, e por iso ao cinema se lle pode chamar “fábrica de soños e sétima arte”.

Emilio Martínez-Lázaro, tras recibir o Premio Cidade de Ourense./ Foto: Daniel Gallego.
Emilio Martínez-Lázaro, tras recibir o Premio Cidade de Ourense./ Foto: Daniel Gallego.

Pola súa banda, Martínez-Lázaro, respostaba ao agradecemento do Concello, do público e do festival, bromeando entre risas ao dicir que entende este premio como un “premio fin de carrera” que é moitísimo mellor que consideralo unha xubilación anticipada xa que “seguirá facendo películas ata que o boten”. Para finalizar, amosou o seu entusiasmo por poder ver de novo o filme rodeado co público ao ser esta a última vez que o ía facer. A homenaxe pechábase coa proxección desta película.

Artigos relacionados

Back to top button