CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Emilio Rúa presenta o seu quinto disco en Santiago

Será no marco dun concerto que o cantautor ourensán dará o 15 de xaneiro no Salón Teatro da cidade compostelá
Imaxe do novo disco de Emilio Rúa, "Destino Sur".
Imaxe do novo disco de Emilio Rúa, “Destino Sur”.

En “Destino Sur”, Emilio Rúa déixase levar polas influencias da música folk, country ou blues americana. Este é quinto álbume deste cantautor natural de Riós, un proxecto que inclúe temas inéditos propios en galego, pero tamén versións doutras cancións neste mesmo idioma. É o caso de cancións tan coñecidas como “La chica de ayer” (A moza de onte) e “Somwhere over the rainbow” (Nun lugar do Arco da vella).

Rúa presentará o seu último disco o vindeiro 15 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela, nunha actuación que será presentado polo actor Carlos Blanco.

Neste novo traballo colaboran tamén co cantautor artistas como o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, o cantautor leonés Fabián ou a eurovisiva Lucía Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button