Galerías de fotosÚltima hora

Emma e Francisco Javier casan este sábado no Carballiño

O templo da Veracruz no Carballiño, acollerá este sábado 1 de setembro unha celebración moi especial: a voda de Emma e Francisco Javier, e as irmás da noiva queren felicitalos por todo o alto.

“Sabemos que xa o saben pero gustaríanos dicirlles que os queremos moito e aínda que seguiremos sempre estando as tres unidas… alegrámonos de que Fco Javier aparecera nas nosas vidas, especialmente na súa”, din Élida e Erika.

 

Os noivos, Emma e Francisco Javier.

Despois de compartir mil e unha aventuras con Emma, as dúas estarán tamén acompañándoa nesta data tan especial. “Estamos desexando que chegue o día da voda aínda que el xa forma parte da nosa familia dende hai un tempo”, asegura Élida.

Cos mellores desexos, esta é sen dúbida unha boa forma de sorpreder a Emma e Francisco Javier. Parebéns!!

Artigos relacionados

Back to top button