OurenseÚltima hora

Emma González, nomeada nova xerente do Inorde

Está previsto que tome posesión do seu cargo o vindeiro 1 de marzo

Emma González, nova xerente do Inorde.

 

O Consello reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), na súa reunión de hoxe, vén de nomear á ata o de agora directora adxunta de Expourense, Emma González, como nova xerente do Inorde, “segundo o previsto na base quinta das reguladoras do procedemento para a provisión, mediante libre designación con convocatoria pública da Xerencia do Inorde, logo dun proceso aberto e de libre concorrencia”, tal e como se informa dende este organismo.

Está previsto que Emma González tome posesión do seu cargo o vindeiro 1 de marzo e comece a partires desa data a desenvolver o seu labor nesta entidade dependente da Deputación de Ourense, que ten encomendadas funcións de dinamización da provincia, xestión de fondos europeos e colaboración público-privada nos ámbitos económico e social.

Desta maneira, Emma González pasa a ocupar a vacante deixada trala xubilación de José Manuel Rodríguez, quen desempeñou o cargo de xerente do Inorde durante preto de dúas décadas.

 

Reunión do Consello reitor do Inorde.

Artigos relacionados

Back to top button