CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Emma López (O Barco) pasa á seguinte fase do concurso musical do Luar (TVG)

Na actuación da segunda fase interpretou "Viva o pasobre" en solitario e "Oxala que chova café" no dúo

Momento no que Christian Escuredo dá o seu voto a Emma López.

 

Non o tiña fácil. Emma López, representante de Ourense oriental en “Recantos” do Luar, era unha das concursantes que pechaba a segunda fase do concurso musical da TVG e tocáballe facelo cunha canción de Rocío Jurado, moi versionada e moi lonxe do seu estilo. Viva o pasodobre foi sen dúbida unha das cancións máis difíciles que interpretou a cantante barquense e fíxoo “defendéndoa con todo o amor que lle teño á música, como fago sempre, e sobre todo para que quen me queira escoitar desfrute comigo”, tal como ela mesma lles contaba aos seguidores a través de Facebook. Uns seguidores incondicionais que a axudaron a sumar 29 puntos e pasar á seguinte rolda do concurso musical.

 

Emma López, representante de Ourense oriental en “Recantos”, trala actuación do venres.

 

Sen dúbida un dos momentos máis emotivos para Emma, do programa emitido na noite do venres 15 de xaneiro, foi cando un dos membros do xurado, Christian Escuredo, cantante e actor tamén barquense, asegurou que “tiña moitas ganas de escoitala e gustoume tanto como á xente do Barco”, consciente da marea de seguidores que votaron por ela vía teléfono, WhastApp, Facebook e Twiter. Sobre a súa actuación asegurou que, malia notarse que non era o seu estilo “montache un espectáculo, créndote que eras unha estrela da verbena e a min iso paréceme fantástico”, dixo, concedéndolle 8 puntos. Os outros dous membros do xurado déronlle 7 e 6 puntos.

Tralo voto do xurado, un momento de tensión que Emma vivíu visiblemente emocionada, viña o reconto do voto popular e o dos seus propios compañeiros, chegando a un empate coa súa contrincante das Terras de Lugo, a 29 puntos, suficientes para pasar á seguinte fase. Dos vinte concursantes que comezaron esta tempada, xa só quedan doce.

 

O barquense Christian Escuredo foi membro do xurado nesta segunda fase do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button