CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Emma López volverá subirse ao escenario do Luar este venres, na terceira fase de “Recantos”

A cantante barquense interpretará o tema de Rocío Durcal "Foi tan pouco o teu cariño"

Emma López, recanteira de Ourense Oriental. /Foto cedida.

 

Este venres 19 de febreiro pola noite, a barquense Emma López volverá subirse ao escenario do Luar (TVG). Será no quinto día de actuacións da terceira fase do concurso musical “Recantos”, en representación de Ourense Oriental (comarcas de Terras de Trives, Valdeorras e Viana).

Despois de pasar con nota moi alta a primeira fase e máis raspada a segunda, a cantante do Barco de Valdeorras defenderá coma sempre, “con toda a forza e as miñas máximas ganas de dalo todo no escenario”, segundo as súas propias palabras, o tema de Rocío Dúrcal Foi tan pouco o teu cariño. 

As votacións serán coma sempre, co único cambio no número de teléfono que agora termina e 1, un dato importante xa que as chamadas contabilizan directamente. Ao final da terceira fase (unicamente quedan dúas actuacións), os dous recanteiros con menor puntuación serán eliminados. Sorte Emma!

Nesta imaxe explícase como votar por Emma trala actuación do venres.

 

Artigos relacionados

Back to top button