En portadaEntroido 2021Galerías de fotosÚltima hora

Emoción compartida e tristeza nun Domingo Gordo sen fulións en Viana do Bolo

 

O Domingo Gordo é unha das datas máis significativas do Entroido de Viana do Bolo. A vila acostuma converterse en punto de encontro de numerosos fulións, chegados dende diferentes puntos deste municipio, pero tamén doutros próximos. Latexa intensamente co son dos toques de cada un deles, entre saltos de Boteiros, mentres a Mula e o Maragato fan das súas nunha ateigada praza Maior, e ao mediodía, veciños e visitantes xúntanse arredor da mesa na Festa da Androlla.

Pero neste ano 2021 nada diso foi posible polo Covid. Ao longo deste domingo as rúas de Viana estaban case baleiras. Tan só algunhas familias con nenos disfrazados, algún Boteiro e toques improvisados de folión entre conviventes, dende os balcóns ou a pé de rúa rompían, o silencio.

 

 

O sentimento do Entrodio segue moi vivo entre os vianeses, que con enxeño tratan de darlle saída, pero o certo é que sen poder conter as bágoas contan o baleiro que senten nestes días sen o seu Entroido, a principal festa do ano para eles. Así puido comprobalo o Periódico O SIL percorrendo esta vila ao longo desta xornada de Domingo Gordo.

Velando polo cumprimento das medidas sanitarias nesta xornada estaban en Viana a Policía Local e a Garda Civil.

Todos desexan que para o vindeiro 2022 poidan recuperar o seu Entroido.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button