Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Emotiva homenaxe a José Manuel Pérez Canal na asemblea anual da CEO

Na súa clausura entregábase ademais o primeiro premio que leva o nome deste empresario, presidente da confederación falecido o pasado ano

A Confederación Emprsesarial de Ourense (CEO) celebraba na tarde do 9 de maio a súa asemblea anual con oito puntos na orde do día, que resultaban aprobados. Entre eles estaban as contas do 2018, así como a proposta de orzamento para o 2019. Alejandro Cruz, vicepresidente da confederación, sinalaba xa na presentación do informe de xestión que se trataba dunha asemblea “atípica”, precisamente polo falecemento do seu presidente, José Manuel Pérez Canal, a finais do pasado ano.

A figura deste empresario ourensán estaba moi presente nesta reunión xa que no acto de clausura, que comezaba cun minuto de silencio na súa memoria. Despois entregábase o I Premio “José Manuel Pérez Canal” á exportación, instituído pola CEO coa colaboración da Consellería de Economía. Este galardón recaía na empresa “O Carballiño Frigoríficos Arcos, SL”, dedicada á elaboración e venda de pulpo a través da súa marca “A Pulpeira”. Unhas réplicas deste galardón eranlle entregadas tamén á familia de Pérez Canal.

Neste acto contábase ademais coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez; do presidente da CEOE, Antonio Garamendi; do conselleiro de Economía, Francisco Conde; do presidente da Deputación, Manuel Baltar; e do alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, entre outras autoridades e personalidades da vida pública empresarial e social de Galicia.

Nas diferentes intervencións quedaba de manifesto a forte pegada deixada por Pérez Canal como empresario e como presidente da CEO.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button