DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Emotividade e deportividade no IV triangular de fútbol veterano Festas da Rúa

Lolo Cebrián e Pedro Blanco facían o saque de honra na final entre o C.D. Rúa e o C.D. Barco

Calor, bo ambiente, homenaxes e moita deportividade. Son os ingredientes cos que se elaborou o IV triangular Festas da Rúa de fútbol organizado polos veteranos do C.D. Rúa en colaboración co Concello.

Pasadas as seis da tarde do 3 de agosto, en plenas Festas de Verán, comezaba o primeiro partido entre os veteranos do C.D. Barco e do Club Lemos. Un partido intenso no que o conxunto barquense se amosaba superior vencendo por 3 goles a 0. De seguido arrancaba o segundo encontro da tarde entre o Lemos e o Rúa, que levaban os segundos por 2 goles (de Marcos e David) a 1.

 

Pedro Blanco e Lolo Cebrián facendo o saque de honra.

 

Tralo tempo regulamentado dese segundo partido (curto por mor das altas temperaturas), chegaba o acto central do campionato: a homenaxe que os veteranos do C.D. Rúa lle quixeron render a dous dos fundadores do club hai xa 50 anos: Lolo Cebrián e Pedro Blanco, quenes tras recibir o aplauso dos xogadores e de agradecer o detalle (lembrándose dos que xa non están) facían o saque de honra da gran final entre o Rúa e o Barco. Un partido que se saldaba co empate a 2 goles aínda que o 3-0 contra o Lemos valeulle ao Barco o premio de campión desta edición do triangular.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button