CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Emotivo concerto da Banda de Música de Sober polo seu 150 aniversario

Na actuación, collían a batuta seis directores, entre eles o propio alcalde Luis F. Guitián

A Banda de Música de Sober continúa cos actos de celebración dos seus 150 anos. Así, na mañá do 3 de agosto ofrecían un emotivo concerto na praza do Concello seguido dun xantar de confraternidade no pavillón do CEIP Virxe do Carme.

Preto de 80 músicos entre os que forman parte da banda na actualidade e os que pasaron por ela, interpretaron diferentes pezas nunha actuación cuxa batuta colleron seis directores (Alfonso Campos, Miguel Rodríguez Barrio, Jesús López Pardo, Nicanor Domínguez e o actual, Miguel Franqueiro Becerra) que foron agasallados cun obsequio. Entre eles estaba tamén o propio alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen tocou o clarinete no concerto, ademais de dirixir unha xota. Entre os músicos, o maior suma preto de 90 anos e máis nova 11. Tamén estivo no concerto ‘O Carrelo’, un dos músicos que formou parte da banda e que ten máis de 90 anos.

O concerto, solidario, conseguiu recadar preto de 300 quilos de comida que serán entregados ás familias do Concello que máis o precisen.

 

Membros da banda e público, trala actuación.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button