EconomíaEconomíaGalerías de fotosViticultura

Emotiva homenaxe valdeorresa ao “pai da godello”

A Casa Grande de Viloira celebraba o 23 de maio un acto de recoñecemento a Horacio Fernández Presa no primeiro aniversario do seu falecemento

A profesionalidade, esforzo, traballo, pero tamén a honestidade e xenerosidade de Horacio Fernández Presa poñíanse de relevo no emotivo acto de homenaxe que a comarca de Valdeorras lle tributaba a este técnico e apaixoado da viticultura na noite do 23 de maio na Casa Grande Viloira (O Barco).

Nel tomaban parte compañeiros de profesión na daquela oficina de Extensión Agraria no Barco e lembraban a súa aposta polo desenvolvemento da viticultura valdeorresa poñendo a mirada hai corenta anos na recuperación dunha caste autóctona de gran calidade e case desaparecida naquel momento: a godello. En torno a ela desenvolvía en 1974, en colaboración co enólogo Luis Hidalgo, o Programa REVIVAL: Reestructuración de Viñedos de Valdeorras.

A primeira intervención no acto corría a cargo de Antonio Xulio Cartageno, despois de José Luis Bartolomé e finalmente de Honorato López Isla, con que promoveu a creación da adega Godeval. Houbo asemade unha entrega de agasallos á súa viúva, Araceli de Palacio, quen agradeceu este agarimoso recoñecemento da comarca valdeorresa cara o traballo do seu marido.

No acto participaba tamén a directora xeral de Producción Agropecuaria, Patricia Ulloa, e pechábase cunhas palabras do alcalde do Barco, Alfredo García.

De seguido, os asistentes, xentes do mundo da viticultura valdeorresa, pero tamén empresarios e representantes de diversas entidades, compartían uns viños e facían un brinde na horna da figura de Horacio Fernández.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button