DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Empate a uns no campo do Agro entre o C.D. Trives e o Pontedeva C.F.

O conxunto trivés suma 24 puntos e mantense na metade da clasificación

Cun empate se saldaba o C.D. Trives-Pontedeva C.F., un dos partidos adiantados da xornada 17 en segunda autonómica. Despois do parón navideño, os rapaces de David Pérez regresaban á competición coa necesidade de puntuar para non afastarse da metade da clasificación, e facíano, aínda que unicamente sumaban un dos tres puntos en xogo.

Na tarde do 12 de xaneiro eran os de Pontedeva eran os primeiros en anotar, adiantándose no marcador xa no minuto 15 da primeira parte aínda que Brando igualaba o resultado co gol para o Trives no minuto 24. Xa non houbo máis goles e así, co empate a uns e o reparto de puntos remataba o partido no campo trivés do Agro, nunha tarde soleada pero fría na que o xogador local Daniel vía o cartón vermello.

A próxima cita para os triveses será de novo en casa contra o C.D. Cea, penúltimo clasificado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button