DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Empate e reparto de puntos no campo José Arjiz

O Verín C.F. suma o segundo empate consecutivo da tempada, en casa ante o Nogueira de Ramuín

Dous partidos e dous empates. Son os resultados do Verín C.F. no que vai de mes de outubro, sen un só gol en dúas xornadas.

Os vermellos comezaban o mes empatando a ceros no campo do veciño Monterrey C.F. e unha semana máis tarde repetían resultado, desta volta en casa, no campo José Arjiz contra a S.D. Nogueira de Ramuín, segundo clasificado.

Con estos resultados, os rapaces de García Gallego mantéñese na metade da clasificación (8º posto) con 12 puntos, 3 vitoras, 3 empates e 1 derrota.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button