CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Empate en Calabagueiros entre CD Barco e Estudiantil, no cuarto partido pola permanencia en 3ª división

Co 1-1 (xa no tempo de desconto) remataba o encontro disputado na tarde deste domingo 25 de abril

 

Non pudo ser. Malia dominar o encontro e ter a vitoria na man grazas ao gol de Juanito Bazo, o empate do equipo visitante, xa no tempo de desconto, impedía ao Barco sumar os tres puntos en xogo.

En plena fase de permanencia en terceira división, CD Barco e Agrupación Estudiantil enfrontábanse na tarde deste domingo 25 de abril no campo de Calabagueiros para disputar o partido da cuarta xornada. Os de Iván González saltaban ao terreo de xogo cos arrestos que dá xogar na casa, dominando o xogo ata que o dianteiro Juanito Bazo adiantaba ao seu equipo rozando xa o descanso.

 

 

Tralo paso polo vestiario producíanse os cambios no conxunto barquense: El Harrak por Carlos Villar, Ivi Vales por Juanito Bazo, Iván Tato por Óscar Martín,… e malia intentar por todos o medios aproximarse á portería de Pallas para aumentar a diferenza no marcador, non o conseguían sendo finalmente os visitantes os que superaban a Oviedo no minuto 90, en tempo xa de desconto, co conseguinte reparto de puntos.

Malia o empate o CD Barco mantense nos postos de salvación, no terceiro posto da clasificación, empatado a puntos co segundo, o Arzúa, e co cuarto, o Viveiro CF co cal se medirá na vindeira xornada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button