DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Empate no Aguillón para comezar o ano

O Rúa-Valdeorras CF inicia a segunda volta con reparto de puntos ante a UD Santiso

Cun plantel moi reducido se presentaba o equipo feminino de fútbol da Rúa ao primeiro partido do ano, disputado na tarde do 8 de xaneiro no campo do Aguillón ante o Santiso. Un encontro con pouco xogo e poucas oportunidades no que o reparto de puntos foi o resultado máis xusto.

As visitantes adiantábanse no marcador nada máis comezar o partido co gol de Xiana e non sería ata o minuto 44 cando as valdeorresas empataban grazas ao penalti transformado por Candela. Tralo paso polo vestiario ámbolos dous equipos tiveron algunha ocasión de gol que non foron capaces de transformar.

O marcador xa non se movería e co 1-1 final, Rúa e Santiso sumaron un punto que os manteñen no 5º e 7º posto, respectivamente, da clasificación na segunda división autonómica de fútbol feminino.

A próxima cita para as valdeorresas será o 15 de xaneiro no campo do Juventud Cambados.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button