DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Empate no partido de fútbol benéfico do Nadal na Rúa

Co 2-2 remataba o encontro entre os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco disputado no Aguillón

Un ano máis a solidariedade reunía sobre céspede a dous eternos rivais deportivos. Os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco disputaban na tarde do 30 de decembro un partido amigable no campo do Aguillón co obxectivo de recadar alimantos para os máis necesitados.

De forma voluntaria, a organización (veteranos do C.D. Rúa, Cáritas e Concello) pedía un quilo de alimentos non perecedoiros aos asistentes ao partido, para ser doados ás Voluntarias da Caridade que máis tarde os repartirán a Cáritas, e o resultado foi máis que satisfactorio.

Neste tipo de partidos benéficos, o resultado é o de menos, pero a fortuna quixo que nesta ocasión acabasen en táboas. Despois do minuto de silencio polo falecemento da nai dun compañeiro, o conxunto local comezaba ganando co gol en propia meta do porteiro barquense, rematando a primeira parte co 1-0 no marcador. Tralo paso polo vestiario, chegaba o empate ata que Adrián poñía o 2-1 tras un disparo dende fóra da área. A vantaxe duraba pouco e pronto os vermellos poñían o 2-2 no marcador, co que remataba o partido que reuniu a un bo número de afeccionados nunha soleada pero fría tarde de finais de decembro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button