DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Empate no primeiro partido da tempada do CD Rúa

A ceros remataba o encontro ante o Nogueira de Ramuín no campo de fútbol do Aguillón

Intenso, sen goles e con moitas tarxetas. Así foi o primeiro partido oficial da tempada en primeira autonómica no campo de fútbol do Aguillón.

Nun lado do campo o CD Rúa saía ao terreo de xogo disposto a sumar os tres primeiros puntos diante da afección. No outro, o Nogueira de Ramuín facía o mesmo sabendo que a situacón era difícil. E finalmente ningún dos dous conxuntos lograba marcar, co reparto de puntos tralo empate a ceros no marcador.

Un empate difícil de manter especialmente para o conxunto local que, na segunda metade, sufría a constante interrupción da colexiada que pitaba ata o máis mínimo roce, chegando a sacar varias tarxetas amarelas en só dez minutos. Dúas foron para o xogador do Rúa, Óliver, que saía do campo no minuto 40 deixando ao equipo con dez. O descontento nas bancadas e no banquiño rues era evidente e ata o porteiro suplente, Ferrer, viu un cartón por protestar dende a banda.

Tralos 90 minutos de rigor, e máis de cinco de desconto, a árbitro pitaba o final do encontro. 0-0 no marcador e o primeiro punto no casilleiro do CD Rúa que se sitúa no posto 11º da clasificación.

O próximo encontro será no campo de A Manchica que vén de gañar ao Velle.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button