ConcellosO BarcoÚltima hora

Empezan a cementar o novo aparcadoiro próximo á praza das Airas no Barco

 

Nesta xornada de martes comezaban as obras de cementación do solar que se converterá en breve en aparcadoiro na zona próxima á praza das Airas, no casco vello do Barco.

En concreto, este solar dá á avenida Manuel Quiroga e con este novo espazo para aparcar preténdese liberar de coches a praza das Airas, que foi acondicionada neste ano e, ao mesmo tempo, dotar de novas prazas de aparcamento de vehículos á zona antiga da vila.

A iniciativa desta nova área de aparcamento xurdía tras un acordo entre o Concello do Barco e o dono do solar, tal e como indicaba o alcalde nunha sesión plenaria na que a oposición lle preguntaba sobre o tema.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button