En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Empezan as clases no CEIP Manuel Respino da Rúa, marcadas polas medidas anti-Covid

 

Neste 10 de setembro tamén se estreaba o curso no CEIP Manuel Respino da Rúa. Os escolares, algúns nerviosos e outros ilusionados, accedían ante a mirada atenta dos seus pais ao recinto escolar. Facíano con mascarilla, gardando todas as medidas de seguridade sanitarias e entrando por tres lugares diferentes. Un dos accesos é a porta que o centro comparte coa ludoteca, e por ela pasaban os alumnos que utilizan o transporte escolar.

Ademais, había alumnos que entraban pola porta situada na intersección da avenida de Vilela coa rúa Fondo da Rúa (porta grande). Neste caso tratábase dos nenos e nenas dos cursos: 4º, 5º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Finalmente, pola porta situada á beira da entrada á gardaría municipal (avenida de Vilela), accedían ao centro os alumnos de 3º de Educación Primaria. O resto dos cursos empezarán, como sucede nos outros colexios de Galicia, mañá 11 de setembro.

A Policía Local da Rúa velaba pola seguridade no exterior do colexio.

Artigos relacionados

Back to top button