EconomíaEconomía

“Emprende en positivo”, na Cámara de Comercio de Ourense

É un novo programa de creación, consolidación de empresas e autoemprego
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Oito semanas para abordar outras tantas áreas temáticas sobre os máis diversos aspectos relativos á xestión de empresas e consultorías individualizadas. Baixo o lema “Emprende en positivo”, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense ten previsto iniciar en setembro un novo programa de creación, consolidación de empresas e autoemprego, dirixido a emprendedores interesados en consolidar o seu negocio, mellorar a súa rendabilidade ou avaliar alternativas de expansión.

Esta acción formativa desenvolverase entre o 9 de setembro e o 31 de outubro. Nela afondarase, coa axuda de expertos, en materias como o marketing, promoción e comercialización; creatividade, innovación e transferencia de tecnoloxía; aspectos xurídicos e fiscais na empresa; finanzas; aplicacións informáticas, xestión da información, internet e redes sociais.

Texto: O Sil/Redacción Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button