EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

A empresa CUFA estrea instalacións no Barco

A súa nova sede, con tenda e oficinas, está situada na avenida de Galicia, na entrada da vila

Unha ampla e cómoda zona de exposición de produtos para cubertas, oficinas, almacén e mesmo unha sala de reunións. Así son as novas instalacións que vén de estrear a empresa valdeorresa CUFA, centrada na colocación de lousa, no Barco. A súa nova sede está situada na entrada desta localidade, na avenida de Galicia número 47.

Neste novo espazo, cunha superficie duns 260 metros cadrados, a empresa conta cunha tenda de materiais, xa que é ademais distribuídora de produtos TEAIS. Numerosas persoas se achegaban ata estas instalacións, que se inauguraban na tarde do 14 de outubro.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button