EconomíaEconomíaÚltima hora

A empresa Paadín Eventos SL, distinguida nos XXIV Premios da Gastronomía de Galicia

Recibirá o 2 de febreiro o galardón na categoría de “empresa que máis ten contribuído á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos”
Alejandro e Luis Paadín, (pai e fillo), responsables da empresa Paadín Eventos S.L./ Foto cedida.

O xurado de los “XXIV Premios Da Gastronomía de Galicia 2018” vén de concederlle á empresa Paadín Eventos S.L., dos sumilleres e divulgadores Luis & Alejandro Paadín (pai e fillo), na categoría de “Empresa que máis ten contribuído á promoción da gastronomía galega e dos producos gastronómicos galegos”.

Este xurado estivo formado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña como presidente, polo secretario xeral do Concello de Lalín, por representantes do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Club Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, polo delegado de Eurotoques en Galicia e por representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.

O premio será entregado no decurso da Gala de Gastronomía de Galicia no Luar Especial que se celebrará o próximo vernes 2 de febrero.

Artigos relacionados

Back to top button