OurenseÚltima hora

Empresarios chilenos fórmanse en termalismo en Galicia a través de Termatalia

Tres propietarios de hoteis con termas e un touroperador das Termas de Mamiña, na rexión de Tarapacá participan na misión de capacitación
O vicepresidente da Deputación cos empresarios chilenos.
O vicepresidente da Deputación cos empresarios chilenos.

Tres empresarios do sector termal de Chile están participar nunha misión de capacitación en distintos centros de Galicia. A misión está coordinada por Termatalia, a Feria Internacional de Turismo Termal, Saúde e Bebestar á que acudiron os tres propietarios de pequenos hoteis con augas termais e un touroperador procedentes de Termas de Mamiña (rexión de Tarapacá para formarse en temas relacionados cos usos terapéuticos das augas termais, a tecnoloxía e os equipamientos, así como cos protocolos de aplicación dos tratamentos.

Durante a súa estancia en Galicia, manterán reunións institucionais como as recepcións que mantiñan na mañá do 21 de novembro por parte do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Manterán asemade reunións de traballo con distintas entidades empresariais como a Cámara de Comercio e Industria de Ourense; coa presidenta da Asociación de Villas Termales de España e alcalde de Guitiriz, Regina Polín; ou co secretario do Clúster da Auga Termal e Mineral de Galicia, Benigno Amor.

Os empresarios chilenos realizarán un curso de capacitación termal impartido por expertos na materia en Galicia que versará sobre “Medicina terapéutica curativa alternativa. Introducción a la medicina termal”. Durante a súa estadía en Galicia visitarán as distintas áreas termais de Ourense e varios centros como os Balneario de Laias, Aguas Santas, Lugo e Guitiriz; o Centro de Adestramento de Remos de Laias, Arnoia e Castrelo (CERLA) e a Ribeira Sacra. A misión inclúe ademais a visita ás Termas de Chaves, en Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button