OurenseÚltima hora

Empresarios de toda Galicia analizan en Ourense as novas tendencias de emprendemento

Javier Mejías destacou que a cidade “ofrece aos traballadores con talento o que están a demandar hoxe: unha boa calidade de vida”
Inauguración da xornada na Molinera.

Máis de 40 empresarios de toda Galicia participaban na tarde do 26 de xuño nun encontro en La Molinera (Ourense) con Javier Megías, CEO e cofundador de StartUpXplore (a plataforma premium de inversión en startups), unha actividade para analizar novas oportunidades de negocio e emprendemento na comunidade.

A actividade comezou cun almorzo de traballo baixo o nome de “A decisión entre ser rico ou rei”, orientada a emprendedores que buscan financiación para os seus proxectos. Megías compartiu a súa ampla experiencia coma inversor e profundizou nos aspectos que busca un inversor cando analiza un proxecto. Neste sentido asegurou que “o modelo de negocio e as persoas son os elementos máis destacados á hora de conseguir que un inversor deixe de selo e pase a ser un socio máis”.

O broche á xornada poñíao a Mesa de Traballo con empresarios galegos, orientada ás diferentes vías que teñen as corporacións para colaborar co ecosistema galego de emprendemento. Aí, Megías incidiu en que a inversión das corporacións nas startups pode xerar sinerxías e sinalou que “aínda que o ecosistema galego e novo, ten un enorme potencial para consolidarse como un dos principais ecosistemas do país, pero para iso resulta imprescindible a implicación das corporacións”.

Un dos puntos sinalados polos participantes foi o da necesidade de cambiar a percepción actual de Ourense e comezar a pensar nela a nivel autonómico como unha megacidade de 2,7 millóns de habitantes, con tres aeroportos y portos. Neste sentido, Javier Megías explicou que na actualidade o talento xa non se despraza aos centros industriais senón que, debido á deslocalización do traballo, busca un entorno no que exista unha boa calidade de vida e que iso é algo que pode ofrecer Ourense. Tamén deu conta do caso de Valencia, onde a xuventude deixou de apostar polas oposicións a querer seguir os novos modelos empresariais de éxito que hai no seu entorno.

Artigos relacionados

Back to top button