EconomíaEconomíaÚltima hora

Empresarios do Noroeste xúntanse para demandar infrastruturas de transporte e loxística

As cámaras de comercio desta zona xeográfica e as organizacións empresariais de Galicia, León, Asturias e Cantábria constituíron a “Plataforma Noroeste” para dito fin
O acto de sinatura celebrouse no Salón de Plenos da Cámara de Comercio de España.

As organizacións empresariais de Galicia, León, Asturias e Cantabria e as Cámaras de Comercio do Noroeste de España veñen de constituír a “Plataforma para o impulso da loxística do Noroeste” (Plataforma Noroeste), mediante a sinatura dos estatutos da asociación. O acto formal da sinatura de adhesión a este novo órgano, no que participaron os responsables das organizacións adheridas, tivo lugar no salón de plenos da Cámara de España.

A Plataforma Noroeste ten como finalidade fomentar o desenvolvemento económico e o emprego mediante o impulso das infraestruturas de transporte e dos servizos loxísticos que ofrezan as mellores perspectivas de sostenibilidade social, económica e medio ambiental. Para elo, solicitan ás administracións europeas, españolas e autonómicas “o recoñecemento da dimensión marítima do Corredor Atlántico e das Redes Transeuropeas do Transporte (RTE-T), de xeito que xunto a impulso das infraestruturas e dos servizos terrestres (estradas e, sobre todo, o ferrocarril), poténciense os portos e os accesos aos mesmos, as plataformas intermodais e os servizos portuarios que permitan o desenvolvemento de cadeas intermodais sostibles e eficientes”, segundo a declaración do recén constituído colectivo.

Potencial

Os territorios que constitúen a Plataforma representan en torno ao 10% da poboación, da superficie e do PIB de España e dispoñen dun gran potencial de intercambios co resto da Península Ibérica, coas rexións do Arco Atlántico e coas áreas económicas máis dinámicas de Europa e do mundo. Soamente na área do Arco Atlántico habitan 80 millóns de persoas ( o 25% da zona Euro), con 12 aglomeracións urbanas con máis dun millóns de habitantes, concentra o 30-40% do PIB da zona Euro e o PIB supera os dous billóns de euros, cifran dende esta nova organización.

Por esta, e por outras moitas razóns, a plataforma Noroeste decidiu “solicitar ao Goberno de España e á Comisión Europea que inclúan as conexións ferroviarias cos portos no trazado do Corredoiro Atlántico e que a migración do ancho de vía ibérico ao ancho estándar europeo realícese segundo a planificación ordenada, que comprenda o conxunto da Rede Ferroviaria de Interese Xeral e que non ille ás rexións periféricas do Noroeste ibérico do tráfico internacional”.

 

José Manuel Pérez Canal, presidente da CEO.

“Ourense debe de funcionar como nódulo central de comunicacións do Noroeste peninsular”

O presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) mostrouse satisfeito ao finalizar o acto posto que “o cumprimento dos obxectivos acentuaría a Ourense como nódulo central de comunicacións do Noroeste peninsular”. Para o presidente isto é “un avance importante, xa que nos coloca co grupo de provincias do Noroeste que queren loitar por non seres esquecidas no mapa das infraestruturas, sobre todo terrestres e particularmente ferroviarias”. Pérez Canal sinalou que, “debido á nosa situación estratéxica, debemos de xogar un papel destacado no novo mapa das infraestruturas, xa que o plantexamento das organizacións empresariais agrupadas neste novo colectivo sitúanos na primeira liña das comunicacións do século XXI”. Finalmente, o presidente da CEO amosouse optimista sobre o paso dado afirmando que “estamos ante o embrión dunha plataforma empresarial de maior enxundia e volume na nos propoñemos xogar un papel activo en favor dos intereses de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button