OurenseÚltima hora

Empresarios do polígono de San Cibrao impulsan a seguridade laboral

Asinan un convenio con Abanca para fomentar as actividades que melloren a seguridade dos traballadores
Un instante da firma do convenio, esta mañá en Ourense.
Un instante da firma do convenio, esta mañá en Ourense.

Empresarios do polígono de San Cibrao asinaron esta mañá un convenio con Abanca para levar a cabo un programa de actividades que fomenten a seguridade no ámbito laboral. O acordo céntrase na posta en marcha de iniciativas que reduzan os sinistros e premien ás firmas e aos traballadores máis concienciados.

A sinatura foi realizada dunha banda polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Elías Mera, e doutra banda o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra. Este convenio vén a prolongar a colaboración entre ambas partes, logo do acordo financeiro suscrito o pasado mes de abril, mediante o cal se fixaba un crédito como peza básica para a posta en marcha de novos proxectos.

Artigos relacionados

Back to top button