OurenseÚltima hora

Empresas ourensás súmanse ao Plan Cruz Vermella Responde fronte ao Covid-19

Grazas á iniciativa solidaria da Cafetería Open leváronse 200 menús a familias en risco de exclusión social

Voluntarios de Cruz Vermella Ourense co persoal da Cafetería Open.

No marco do estado de alarma, a organización humanitaria lanzou o Plan Cruz Vermella Responde fronte ao Covid-19 para “dar resposta ás necesidades de persoas en situación de vulnerabilidade así como de poboación xeral, en coordinación con todas as administracións públicas”, explican dende Cruz Vermella Ourense.

Neste contexto, a infancia segue sendo unha prioridade para esta organización, e a atención ás familias coas que xa estaban traballando previamente á crise, estase reforzando tanto no ámbito educativo como na cobertura de necesidades básicas, principalmente a través de entrega de produtos de alimentación e hixiene.

 

No exterior do bar.

 

A ese respecto, a semana pasada a Cafetería Open levou a cabo unha iniciativa coa que se levaron 200 menús a familias en risco de exclusión social coas que traballan dende os procectos de Cruz Vermella Xuventude. Ademais, o voluntariado fixo entrega da doazón de Cafestore de tartas de Santiago e leite, e levou libros e xoguetes a 80 nenos, como alternativas ás pantallas dixitais.

Ao longo desta semana farase tamén entrega dos 375 litros de aceite doados por Aceites Abril, que se suman a outras colaboracións como as de Mercadona, centros educativos da provincia, Cacho Pizza do Carballiño, Iuvenor Lab, Seritec, Gadis Valdeorras, Distribuidora Prol e Hijos, Universidade de Vigo, Coren e Aguas de Sousas.

Fotos: Cruz Vermella Ourense

Artigos relacionados

Back to top button