SanidadeÚltima hora

“En Galicia estamos preparados para seguir co plan de vacinación”

O conselleiro de Sanidade, Julio García, incide en que "a Axencia Europea do Medicamento vén de suliñar que a vacina de AstraZeneca é segura e eficaz"

O conselleiro de Sanidade, Julio García, nunha comparecencia anterior.

 

A Consellería de Sanidade está preparada para continuar coa vacinación contra o Covid-19 e máis concreto coas doses de AstraZeneca. Sinalábao esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García, nunha entrevista concedida a Europa Press, e despois de que na tarde de onte o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) acordase, por unanimidade, reiniciar a vacinación a partir do vindeiro mércores.

“Dende a Consellería de Sanidade reiteramos que a Axencia Europea do Medicamento (AME) vén de suliñar que a vacina de AstraZeneca é segura e eficaz. En Galicia estamos preparados para continuar co plan de vacinación e conseguir canto antes a vacinación do maior número posible de galegos e galegas”, indicaba Julio García.

Artigos relacionados

Back to top button