SanidadeÚltima hora

En Galicia faranse cribados semanais de Covid nas residencias de maiores

 

En Galicia levaranse a cabo cribados semanais das residencias sociosanitarias. Para iso, ademais de incrementar a frecuencia de realización de probas PCR, estas complementaranse con tests de antíxenos para reforzar a capacidade diagnóstica. Así o anunciaba hoxe o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión senamal do Consello da Xunta.

Ademais asegurou que esta medida é “un dos obxectivos fundamentais” da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos anunciada onte no Parlamento galego e adiantou que se vai implantar un plan de choque nas residencias sociosanitarias. Este plan será detallado mañá polos conselleiros de Sanidade e Política Social.

“As residencias de maiores son unha das nosas maiores preocupacións e imos seguir apostando pola detección precoz”, concluíu, ademais de lembrar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma que implantou cribados quincenais.

 

O presidente da Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button