En portadaÚltima hora

En Galicia pedirase o certificado covid para acceder aos locais de hostalaría

O número máximo de persoas por mesa ou agrupación de mesas axustarase a 8 no interior e 15 no exterior

 

O certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- será necesario en Galicia para acceder aos locais de hostalaría “co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector”, segundo vén de facer público a Xunta, tras a reunión mantida esta tarde con representantes do sector da hostalaría.

Así o goberno galego proporá solicitar o certificado covid na hostalería, que require autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A previsión é solicitalo nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas. “Con esta medida, que xa se está a empregar no ocio nocturno e nos albergues de peregrinos, así como nas visitas aos hospitais, preténdese garantir a seguridade sanitaria para que se poidan manter os horarios e a capacidade máxima do 100% actuais no sector hostaleiro”, asegura a Xunta que apunta que a decisión tómase “co acordo do sector”.

A implantación do certificado covid abordouse na reunión desta tarde entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, con representantes da hostalería. Tamén se trataron outras medidas coas que garantir unha hostalería segura con axustes no número de persoas por mesa ou agrupacións de mesas cun máximo de 8 persoas no interior e 15 no exterior, fronte ás 10 no interior e os 20 das terrazas vixentes ata agora.

Ao encontro, que xa estaba previsto desde a última reunión celebrada hai un mes para abordar o aumento da actividade en decembro debido ás celebracións de Nadal, tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. Debido ás circunstancias actuais desde o punto de vista sanitario ante o covid co repunte da incidencia, “a Xunta mantén o compromiso co sector para que a necesidade de garantir a seguridade sanitaria se poida compatibilizar co mantemento da actividade económica da hostalería e o turismo”, tal e como se indica dende a administración galega.

Artigos relacionados

Back to top button