EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

En marcha a campaña “Merca na Rúa” da man da Asociación Sociocultural San Cristóbal

Coas compras a partir de 20€ nos establecementos participantes, éntrase nun sorteo de dez lotes de xamón, pan e viño

A dinamización do comercio local é unha das grandes apostas da Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa que un ano despois do seu nacemento, segue apostando por organizar actividades dinamizadoras que estimulen a economía e as relacións socioculturais da comarca.

Unha delas é precisamente a campaña “Merca na Rúa” coa decoración dos locais que decidan sumarse con maceteiros ben floridos colocados no exterior do local (a carón da porta de entrada), así como o sorteo de dez lotes de xamón, pan e viño entre todos clientes que merquen neses establecementos. Éntrase no sorteo coas compras a partir de 20 euros.

 

Decoración nos establecementos comerciais que participan na campaña.

Artigos relacionados

Back to top button