ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

En marcha a Concentración Mototurística Os Esquíos en Trives

Na medianoite deste sábado chegará o prato forte do programa co stunt show a cargo do rider Corredoira 89

Dende o venres 12 de xullo Trives estase a converter en punto de encontro de numerosos afeccionados ao mundo da moto. A vila acollerá durante esta fin de semana aXVI Concentración Mototurística que promove o Moto Club Os Esquíos.

O programa poñíase en marcha onte coa apertura de inscricións a partir das 19h. e coa festa de benvida que incluía a tradicional chourizada con sangría, que daba paso á actuación de Malditos Pendejos na rúa San Martín con karaoke como fin de festa.

Este sábado 13 de xullo ás 11h. comezará a ruta turístico-gastronómica e ao volver a Trives, terá lugar a ruta barítima polo pobo co tradicional “porco no espeto”, e a música das Macizas Centrais. Xa pola noitiña haberá churrascada e a partires das 23h. comezará a ruta de bengalas “na honra aos compañeiros caídos”.

O prato forte chegará a partir da media noite co stunt show a cargo do rider Corredoira 89. O broche á velada porao a actuación musical en directo de Gin-Toni’s. A concentración rematará o domingo día 14 cunha gran ruta mototurística (10:30h.) o xantar coa entrega de premios.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button