OurenseÚltima hora

En marcha o II proxecto “Aprender traballando” de Cruz Vermella

Vinte xoves participan nesta edición que se desenvolverá en Ourense de xandeiro a xullo
Algúns dos participantes no programa.
Algúns dos participantes no programa.

Co novo ano chegaba a segunda edición do proxecto “Aprender traballando”, no que xoves de entre 18 e 30 anos se preparan para traballar no sector do comercio.

Trátase dunha iniciativa conxunta de Cruz Vermella Española e a Fundación Secretariado Gitano que se desenvolve no marco do programa operativo plurirrexional de loita contra a discriminación e que conta, ademais, coa colaboración da Obra Social “la Caixa”. É un proxecto que aposta pola formación como vía de acceso ao emprego e que ten como obxectivo a inclusión no mercado laboral de xoves, con estudos de nivel básico, con nula ou escasa experiencia laboral e en risco de exclusión social.

Unha das clases que se desenvolven en Cruz Vermella Ourense.
Unha das clases que se desenvolven en Cruz Vermella Ourense.

O proxecto comezou en Ourense a segunda edición con 20 participantes, que se formarán ata xullo. Tal como explican dende Cruz Vermella Ourense, os participantes realizarán tres meses de teórica sobre o sector comercial e a atención ao cliente, que se completará con tres meses de prácticas non laborais en empresas da cidade. Además recibirán formación complementaria en competencias básicas como talleres de informática, creatividade, redes sociais ou prevención de riscos laborais “que lles axudarán a enfrontarse con máis éxito ao mundo laboral” conclúen dende Cruz Vermella.

Fotos: Cruz Vermella Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button