ConcellosQuirogaÚltima hora

En marcha a primeira fase do acondicionamento da parcela para o futuro cemiterio de Quiroga

Os traballos de acondicinamento consistirán na roza e limpeza do terreo para posteriormente escarvar e realizar recheo de terras e homoxeneizar a pendente da parcela

Parcela na que se ubicará o futuro cemiterio de Quiroga.

 

O concello de Quiroga aprobaba na Xunta de Goberno do pasado 23 de xullo, a contratación da 1ª fase do acondicionamento da parcela onde se construirá o novo cemiterio municipal por un importe de 75.000 € e que comezará nos próximos días.

Os terreos foron expropiados por un montante de 120.000€, e nesta primeira fase os traballos de acondicinamento consistirán na roza e limpeza do terreo, para posteriormente escarvar e realizar recheo de terras e homoxeneizar a pendente da parcela, para a recirculación de augas pluviais.

Como seguinte punto, realizarase unha primeira parte de firmes, preparando o terreo con base de zahorra para posteriormente realizar os pavimentos da parcela. A estes traballos desta primeira fase, tamén se unirán as obras para a instalación de saneamento,fontanería e unha preinstalación soterrada do cableado de iluminación, para en fases posteriores, colocar a iluminación exterior en toda a ampliación do cemiterio.

A decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, ven dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. A lei de competencias municipais dí que é obrigación dos concellos dispoñer dun terreo mortuorio, polo que o concello deberá realizar esta obra.

O proxecto do novo recinto, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. O presuposto ascenderá a 450.000€ que se licitarán no vindeiro mes de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button