SanidadeÚltima hora

En marcha a vacinación contra o Covid no Hospital de Valdeorras

Chegada das vacinas ao HPV.

 

Dende as oito da mañá e ata as tres da tarde aproximadamente, se está procedendo á vacinación contra o Covid do persoal sanitario no Hospital Público Valdeorras.

Tal como explican dende o Sergas, esta primeira dose da vacina está sendo administrada polos equipos de vacinación coa axuda do personal de Enfermería Preventiva. A primeira vacinada do Barco foi Carmen Rodríguez Regalado (TCAE de Reanimación).

No caso de Atención Primaria, comezarase a vacina mañá. No Centro de Saúde do Barco atenderase tamén aos profesionais de Viana do Bolo, Trives e Castro Caldelas.

 

Artigos relacionados

Back to top button