ConcellosÚltima horaViana do Bolo

En marcha as obras de mellora do acceso ao Cabo da Vila en Viana do Bolo

O tráfico dende Vilariño de Conso está regulado cun semáforo.

 

Hai pouco máis dunha semana, segundo indica o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, comezaban as obras de mellora e acondicionamento do vial de acceso ao barrio vianés do Cabo da Vila pola Rúa do Sarito, no seu entronque coa estrada de Vilariño de Conso.

Estas obras estaban paralizadas, segundo o Concello, ao non haber acordo cos propietarios dun dos terreos afectados pola escavación, e o seu reinicio foi posible trala reunión que o alcalde mantiña cos titulares destes terreos afectados, que “cederon os metros necesarios para que poidan reiniciarse as obras”, indica o rexedor, quen resalta que “por parte de todos os propietarios afectados, houbo dende o primeiro momento boa predisposición para solventar o problema e para ceder os metros que foran necesarios para levar a cabo o acondicionamento dun acceso que reverte en beneficio da vila”.

 

Obras no vial de acceso ao Cabo da Vila.

Artigos relacionados

Back to top button